O río Umia nace na parroquia de Aciveiro, municipio de Forcarei, e recorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados, creando unha bacía (conca fluvial) de 404 km². Finalmente, desemboca na Ría de Arousa, na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.
O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa, Filloi, Alende e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado ata Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Caldas de Reis, cae en fervenza. Ó desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia, crea unhas marismas nas que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.
O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

PONTE DOS PADRIÑOS (PONTE ARNELAS)

O UMIA NO SEU PASO POR CALDAS DE REIS

O RÍO PASANDO POR RIBADUMIA
MOI BEN
ResponderEliminarO río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.
ResponderEliminarMaribel, respondoche aqui xa que non hai outra entrada para responder do tema do cabo de Touriñán.
ResponderEliminarEn xeral o artigo fala de que o cabo no cabo de touriñan aprecianse as postas de sol mais tardias de toda Europa.
Fala que durante dous meses, non consecutivos, ó ano (21 de marzo-15 de abril e 13 de agosto - 22 de setembro ) neste cabo, según o artigo, o mais occidental de Europa ( aqui atopamos un erro xa que o punto mais occidental da Europa continental atopase en Portugal, o cabo de Roca cunha diferencia de mais de 10 minutos de lonxitude)poderemos ver as ultimas postas de sol do continente.
Logo contanos un pouco de mitoloxía e historia que xira ó redor do cabo de Touriñan, como o camiño de Santiago, e a hsitoria mais recente referente ó faro.
Respondendo á tua pregunta, a lonxitude e a latitude son medidas cartográficas que se utilizan para medir un punto concreto do planeta coordinando ditas medidas. Estas medidas tomanse respecto a un meridiano (no caso da lonxitude tomase o meridiano de greenwich e no da latitude o ecuador) e establecendo estas duas coordenadas danos o punto exacto que queremos destacar. Estas medidas tomanse en grados, minutos e segundos para unha maior precisión.
Logo tamén aclarar que é un erro moi comun que o cabo finisterre, mais que nada polo seiu nome, sexa o mais occidental de Galicia. En realidade o cabo touriñan encontrase nunha lonxitude de 9º 18' 18'' Oeste, mentres que
Finisterre atopase un pouco por detras situado a 9º 17' 29'' , polo que sae gañador o cabo Touriñan.
Por ultimo dicir que o efecto que causa que so poidamos ver esas postas de sol en dous determinados periodos do ano debese a un movemento da terra coñecido como precesión que é o movemento causado pola forza de atracción do sol o que fai que o eixe da terra varie, e o ser un movemento constante e que estemos ensta zona do planeta determina quqe poidamos ver estas postas de sol neses determinados dias.