domingo, 24 de octubre de 2010

O río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro, municipio de Forcarei, e recorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados, creando unha bacía (conca fluvial) de 404 km². Finalmente, desemboca na Ría de Arousa, na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa, Filloi, Alende e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado ata Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Caldas de Reis, cae en fervenza. Ó desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia, crea unhas marismas nas que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.


PONTE DOS PADRIÑOS (PONTE ARNELAS)



O UMIA NO SEU PASO POR CALDAS DE REIS



O RÍO PASANDO POR RIBADUMIA

lunes, 4 de octubre de 2010

NOVO BLOG

No grupo 2º BACH B empezamos un novo blog.
Como estamos estudando o mapa físico e político de España aqui tendes un enlace que vos pode axudar: mapas interactivos.

ESPAÑA POLÍTICA
ESPAÑA FÍSICA